O TEU VOTO É A RESPOSTA
Pontearas xunta a máis de 200 persoas nunha comida cos candidatos do Partido Popular ao Parlamento Europeo, Dolors Monserrat e Adrián Vázquez. No acto estiveron presentes o eurodeputado Francisco Millan, a secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado, o Presidente...
A Deputación de Pontevedra que preside Luis López, inviste 790.000 euros na mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-2703 Ponteareas – Pazos
A alcaldesa, Nava Castro Domínguez, celebra o investimento da Deputación Pontevedra na estrada que une o noso municipio con Pazos de Borben, tras anos de abandono polo bipartito do PSdG-Bng. Un investimento que mellora a seguridade viaria para os veciños e veciñas que...
O GOBERNO PRESENTA A NOVA EDICIÓN DO CORPUS CHRISTI 2024
O primeiro ano coa distinción de Ben de Interese Cultural da Xunta de Galicia. Rogelio Groba deu o pregón de inicio dunhas festas que destacan pola súa oferta para todos os gustos e persoas da vila. O Goberno que lidera Nava Castro, presentou a nova edición da...
NAVA CASTRO QUERE TRASMITIR AO POBO DE PONTEAREAS QUE SEGUE A MAN TENDIDA A ACIP POLO BEN DE PONTEAREAS E DECLARA QUE A ALCALDÍA NON É UN “XOGO DE TRONOS”
Na antesala do pleno de investidura no que Nava Castro ten a responsabilidade de conformar goberno como lista máis votada no 28-M, a líder popular apela á responsabilidade política
Os resultados trasladan que a cidadanía quere que nos entendamos e que cheguemos a un pacto de goberno. De non aceptar este proxecto común, Castro e seu equipo confían en que o sentido do voto de ACIP sexa a favor, ou en todo caso, que se vote a si mesmo e permitir o goberno en minoría
Os populares recordan que “o momento de tomar a decisión é agora, e para os próximos catro anos, non pensamos en mocións de censura a metade de mandato”
NAVA CASTRO OFRECE A TENENCIA DE ALCALDÍA E CONCELLERÍAS PARA UN POSIBLE GOBERNO DE COALICIÓN QUE ACIP REXEITA
Segundo encontro de negociación entre PP e ACIP para intentar chegar a un acordo de goberno, que non cristaliza pola negativa de González Carrera a asumir os resultados das urnas e esixir a alcaldía.
Os populares non desbotan a lexítima opción de gobernar en minoría o Concello.

ALCALDESA DE PONTEAREAS
