Grupo Municipal 2019

1. Belén Villar González

Natural dá parroquia de Ribadetea (Ponteareas). Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo. Programa en Dirección e Xestión de empresas.

A súa traxectoria profesional desenvolveuse desde 1999 e na actualidade, no sector de residuos, como responsable de economía e finanzas.

Entre 2011 e 2015 foi Tenente Alcalde no Concello de Ponteareas, así como Concelleira de Facenda e Persoal. Desde 2015 concelleira do grupo popular de Ponteareas. En outubro de 2017 pasou a ocupar o cargo de Deputada provincial polo PP, que desempeñou ata xuño de 2019.

Áreas responsabilidade: Facenda, Mobilidade, Servicios Básicos (Abastecemento, Saneamento, Recollida Lixo), Emprego.

2. Andrés Sampedro Fernández

Escritor, investigador e divulgador de distintos temas etnográficos, nado en Ponteareas. Estudou filoloxía na Universidade de Vigo-Santiago de Compostela e na Universidade de Educación a Distancia. No seu compromiso co estudio, mantemento e difusión da cultura galega é membro de diversos colectivos culturais, colaborador de diversas revistas de carácter etnográfico e da prensa galega.

Como cargo público, foi Concelleiro de Cultura e Comercio do Ilmo. Concello de Ponteareas entre os anos 2007-2011. Entre o 2011-2015 ademais foi concelleiro de Educación e Turismo. Na lexislatura 2015-2019 foi concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular. Foi na lista do PP ao Congreso nas eleccións Xerais de 2015 e 2016. Coordinador comarcal das eleccións autonómicas de 2016. Actual Secretario Local do Partido Popular. Concelleiro do Partido Popular de Ponteareas na lexislatura de 2019-2023.

3. Silvia Fernández Táboas

Natural da parroquia de Xinzo (Ponteareas), Licenciada en Arquitectura pola Universidade de A Coruña e completou a súa formación cunha bolsa na Escola de Artes Os Leôes de Évora. Traballou en distintos estudios de arquitectura e urbanismo. Actualmente desenvolve a súa profesión na empresa privada. Ten formación en idiomas e aporta a súa experiencia en deseño de proxectos urbanísticos como a súa participación no recente Plan EDUSI do Concello de Ponteareas. Ademais é membro e tesoureira da Banda de Música Xuvenil de Xinzo e do Patronato da Fundación Musical de Xinzo.

Áreas responsabilidade: Urbanismo, Infraestruturas, Vías e Obras, Patrimonio e Medio Rural.

4. Francisco Jesús Represas Carrera

Natural de Ponteareas, é Diplomado Universitario en Enfermería e especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria (Barcelona). Máster en Investigación Clínica, Educación para a Saúde, e Urxencias e Emerxencias. Autor de varias publicacións de artigos científicos, libros e diferentes comunicacións. Doctorando en Endocrinoloxía pola Universidade de Vigo.

Na actualidade exerce como Enfermeiro especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria no Centro de Saúde da Xunqueira (Nigrán), membro investigador do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e Profesor titular no Grao de Enfermería pola Universidade de Vigo na Escola de Enfermería do Meixoeiro. Presidente da Banda de Música Xuvenil de Xinzo e da Fundación Musical de Xinzo.

Áreas responsabilidade: Persoal, Seguridade, Servizo Tecnolóxicos, Transparencia, Mocidade, Deportes, Saúde e Consumo, Medio Ambiente e Réxime Interior.

5. Lina Limeres Antonio

Residente en Ponteareas, é Técnico Superior en Administración e Dirección de Empresas. Técnico Programador en Informática de Gestión, Auxiliar Administrativo y Contable. Fundadora y C.E.O de Las Caprichosas Moda y Huckersports. Vicepresidenta da Asociación de Comerciantes Tea.

Áreas responsabilidade: Comercio, Turismo e Servicios Sociais.