A Deputación de Pontevedra que preside Luis López, inviste 790.000 euros na mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-2703 Ponteareas – Pazos

A alcaldesa, Nava Castro Domínguez, celebra o investimento da Deputación Pontevedra na estrada que une o noso municipio con Pazos de Borben, tras anos de abandono polo bipartito do PSdG-Bng. Un investimento que mellora a seguridade viaria para os veciños e veciñas que fan uso da estrada provincial.

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo Torres, percorre a zona de obras coa alcaldesa do Concello de Ponteareas e tamén deputada provincial, Nava Castro Domínguez, para coñecer as actuacións que se están xa a desenvolver