O TEU VOTO É A RESPOSTA

Pontearas xunta a máis de 200 persoas nunha comida cos candidatos do Partido Popular ao Parlamento Europeo, Dolors Monserrat e Adrián Vázquez.

No acto estiveron presentes o eurodeputado Francisco Millan, a secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado, o Presidente da Deputación de Pontevedra e do Partido Popular Provincial, Luis López, a secretaria xeral do mesmo, Luisa Piñeiro, a alcaldesa de Ponteareas e Deputada Provincial, Nava Castro Domínguez, o diputado provincial e alcalde, Alejandro Lorenzo, así como diferentes alcaldes e concelleiros da comarca e o deputado autonómico e portavoz do PPdeG, Alberto Pazos.

Ponteareas é un exemplo de como levantar un pobo arruinado pola esquerda que gobernou desde o sectarismo político pensando nos seus intereses ideolóxicos.

Dolors Monserrat  “Cando se goberna desde a sensatez e a responsabilidade, como Alfonso Rueda, gañan as persoas. Levemos ese modelo de sentidiño ás institucións europeas. Para defender Galicia en Europa con máis forza, unamos o voto no Partido Popular”

Paula Prado “Somos o partido que máis e mellor representa os intereses das mulleres, desde o concello máis pequeno ata o Parlamento Europeo. Para facer política en feminino en Galicia, en España e en Europa, tamén esta é ATúaResposta.

Por iso desde o Partido Popular, optamos por persoas cualificadas con capacidade de xestión para o mellor equipo que pode representar aos veciños e veciñas en #Europa,  porque Ponteareas é Europa, fronte ao independentismo radical que ofrecen outros partidos e que por desgraza, temos que sufrir constantemente a súa falta de educación nos Plenos Municipais. Así quedou constatado na comida que celebramos hoxe con máis de 200 veciños e veciñas, amigos e compañeiros.