O GOBERNO PRESENTA A NOVA EDICIÓN DO CORPUS CHRISTI 2024

  • O primeiro ano coa distinción de Ben de Interese Cultural da Xunta de Galicia.
  • Rogelio Groba deu o pregón de inicio dunhas festas que destacan pola súa oferta para todos os gustos e persoas da vila.

 

O Goberno que lidera Nava Castro, presentou a nova edición da festa do Corpus Christi para este ano 2024, logo da apertura dos portais , esta edición que será a primeira coa distinción de Ben de Interese Cultural outorgado pola Xunta de Galicia que preside Alfonso Rueda, e que chega logo do recoñecemento de Festa de Interese Internacional.