O GOBERNO LOCAL REXEITA 1,5 MILLÓNS DE EUROS DE SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA ACABAR COAS LISTAS DE ESPERA NO SERVIZO DE DEPENDENCIA

  • Os populares lamentan que o BNG responsable de política social en Ponteareas, impida que máis de 100 familias con persoas dependentes non sexan atendidas.  
  • “O inicio do expediente de Contratación, que se aprobou no Pleno esta semana, só subvenciona o Servizo de Axuda no Hogar ata un 60% das posibilidades e perderá durante 5 anos o 40% das horas subvencionadas pola Xunta”.     

Ponteareas, 31 de marzo de 2021.- O Grupo Municipal do PP lamenta que o Goberno bipartito non queira dar un Servizo de Axuda no Hogar para dependentes á altura do que demandan os nosos veciños, e iniciasen un novo expediente de Contratación que non cobre máis que o 60% da demanda existente.  

Lamentamos que o BNG, responsable de Política Social no Concello de Ponteareas, impida que máis de 100 familias con dependentes ao seu cargo non sexan atendidas, “aínda cando a Xunta dálles o diñeiro suficiente para facelo, achegando entre o 60 e 70% do custo do servizo de Axuda no Hogar, eles prefiren rexeitar a subvención durante os próximos 5 anos” informan os populares.  

O BNG terá que explicar ás familias de Ponteareas, que teñen persoas con dependencia e necesitan atención para realizar actividades básicas da súa vida diaria, porqué non queren ampliar o servizo ata cubrir o 100% das listas de espera, e porque van perder máis de 300.000 euros de subvención cada ano que lles ofrece a Xunta e durante o próximos cinco anos, o que supoñerá perder máis de 1,5 millóns de euros.  

O PP lémbralles ademais que este servizo de dependencia debería ser un dos máis importantes para o noso Concello en canto ao esforzo que o goberno faga, e resulta ser todo o contrario, a pesar de que a Xunta aumenta un 65% o número de horas que subvenciona ao noso Concello para reducir as listas de espera. “Pasamos dunha achega de 530.000 euros a 850.000 euros, pero o Goberno bipartito, a pesar de que a Xunta amplía a subvención, non foi capaz de aumentar as horas que eliminarían as listas de espera actuais en Ponteareas”.  

Os populares apoiaron o novo expediente de contratación no Pleno, a pesar de discrepar co tope máximo de horas que vai prestar o servizo de Axuda no Hogar, porque esta licitación acabará cun contrato irregular que fai máis de tres anos o goberno local debía sacar a licitación e non o fixeron, derivando nunha prórroga sen publicidade, sen pregos e cun aumento no custo do servizo do 25% a unha empresa privada, a criterio do propio alcalde, sen que o servizo mellorase nin se reducise as listas de espera.