O GOBERNO LOCAL RENUNCIA A AMPLIAR AS HORAS DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POLO QUE CONTINUARÁN MAIS DE 100 PERSOAS EN LISTAS DE ESPERA

  • A Xunta ampliou a subvención ao Concello de 513.000 a 851.000 euros ao ano, para que se poidese atender a todas as persoas dependentes de Ponteareas.
  • Os populares solicitaron a retirada do expediente de contratación para que o Goberno ampliase o  servizo en número de horas, para rematar coas listas de espera actuáis e para que non se perdan os cartos da Xunta.
  • O Goberno local rexeitou este aumento de horas no servizo. Os populares votaron a favor xa que aínda que será deficitario, é necesario acabar cunha contratación irregular como teñen agora, sen pregos e sen concurso público.

Ponteareas, 29 de xaneiro de 2021.- O Grupo Municipal do PP lamenta que o Goberno local non retirase da orde do día a contratación do servizo de Axuda no Fogar para aumentar o número de horas que contén o actual expediente de licitación e contratación, ata como mínimo as 87.750 horas anuais que subvenciona a Xunta.

“Solicitamos a súa retirada para mellorar o servizo. Xa que non se solventa o situación de colas de espera actuáis das persoas  dependentes. Ese é o problema. A Xunta aumentou un 65% as horas que subvenciona, precisamente para que se poidese atender toda a lista de espera. Aínda así, votamos a favor do punto xa que polo menos agora haberá un contrato regular. Non como ata agora, que o goberno tiña dende fai tres anos un contrato prorrogado irregularmente a unha empresa privada, sen pregos e sen concurso público”, explican os populares.

Os populares explican así a súa votación a favor “estamos de acordo xa que era unha demanda nosa que o servizo de axuda no fogar fora regularizado, despois tamén de que o Tribunal de Contratación o tirase atrás por irregularidades noutros expedientes que iniciaron. Máis non compartimos o número de horas que vai prestarse, por que iso non solventará as colas de espera actuais con mais de cen persoas e porque Ponteareas perderá as horas subvencionadas que non utilice”.  

É lamentable que Ponteareas teña un goberno irresponsable e falto de sensibilidade, que é capaz de pagar a unha empresa privada un 40% mais polo mesmo traballo, pero non é capaz de aportar tres euros por hora máis, ata cubrir a demanda total que hai, que lle suporía ao Concello 100.000 euros ao ano. “Só con eliminar os gastos en asesores ou a propaganda e publicidade xa terían os cartos”.

O PP apoiou este expediente porque non podemos quedar sen un servicio esencial como este, pero criticamos ao goberno local o pouco esforzo que fan por tantas familias que necesitan a axuda a domicilio.