TODA A CORPORACIÓN MUNICIPAL APOIOU A PROPOSTA DO PP DE APOIO Á CANDIDATURA DE ROGELIO GROBA PARA O PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS ARTES 2021

  • “No momento que a Xunta anunciou a súa candidatura para o -Premio Princesa de Asturias das Artes 2021-, presentamos unha moción ao Pleno, que foi apoiada por unanimidade, para dar respaldo á decisión da Xunta”.

Ponteareas, 26 de febreiro de 2021.- O  Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas agradece aos grupos políticos do BNG, PSOE e ACIP o seu apoio á moción presentada no último Pleno da Corporación Municipal celebrado o 23 de febreiro, para apoiar a candidatura de Rogelio Groba proposta pola Xunta de Galicia ao Premio Princesa de Asturias das Artes 2021.

“No momento que a Xunta anunciou esta candidatura e fomos coñecedores, non dubidamos en pedir o apoio de toda a Corporación municipal para Rogelio Groba Groba natural de Ponteareas, da parroquia de Guláns, que conta cun amplísimo catálogo de obras editadas que contribuíron ao enriquecemento do patrimonio musical e cultural”, afirma a portavoz popular Belén Villar.

Que a Xunta de Galicia propuxera esta candidatura de Rogelio Groba para representar a Galicia nestes premios internacionais é un recoñecemento a súa traxectoria. Desexamos que finalmente “o Premio Princesa de Asturias das Artes 2021 recaia en Rogelio Groba, unha persoa que leva anos difundindo polo mundo riqueza cultural e musical.