O BIPARTITO DE PONTEAREAS VOLVE A PRORROGAR IRREGULARMENTE O SERVIZO DE “AXUDA NO FOGAR” POR TRAMITAR MAL O EXPEDIENTE

  • Os populares denuncian que é o terceiro ano consecutivo que  sucede, o que lles fai sospeitar que poidan ter montado “un chiringuito” con este servizo.
  • “Non sabemos se é para contratar a unha empresa amiqa ou para enchufar aos seus, o certo é que é sospeitoso que durante tres anos consecutivos o Tribunal de Contratación anuloulles o proceso de adxudicación, dun servizo que financia a Xunta, por irregularidades na tramitación”.  

Ponteareas, 3 de decembro de 2020.- O  Grupo Municipal do PP sospeita que o bipartito (BNG-PSOE) pode ter montado unha especie de “chiringuito” na adxudicación e contratación do servizo de “ Axuda non fogar” que por terceiro ano consecutivo prorrógase irregularmente, “unha vez máis se privatiza”.  

Os populares consideran moi rechamante que no ano 2017 o bipartito deixase caducar o contrato dun servizo financiado pola Xunta de Galicia e prorrogáseno sen pregos e sen sacalo a concurso público, incrementando o custo nun 24%. Por entón, e a pesar de que a prórroga non podería efectuarse, privatizouse o servizo e a partir de aí iniciaron a nova licitación varias veces, todas elas con erros na tramitación, que levou a que llo anulasen en 2018, en 2019 e agora en 2020.  

“Non falamos dun erro puntual. Estamos ante un expediente que está continuamente sufrindo irregularidades que derivan na privatización do servizo, a dedo. Xa que é un servizo esencial e os usuarios non poden quedar sen el. Que xustificación ten o bipartito para privatizalo? Para facer ano tras ano mal o expediente? Por que non municipalizan o servizo de axuda no fogar, que non tería custo para o Concello ao estar a financiar pola Xunta? Descoñecémolo, explica a portavoz popular Belén Villar.  

O PP lembra que esta é a terceira vez que o TAC (Tribunal Administrativo de Contratación) anula a licitación e tómballes o procedemento. “Falamos dun contrato de case un millón de euros ao ano, que o goberno local decidiu privatizar , recorrendo ao escurantismo que lle caracteriza, non dando participación nin información aos grupos da oposición”.