A alcaldesa de Ponteareas e o deputado provincial visitaron as actuacións realizadas nas Comunidades de Auga de San Estevo e Santa Cruz de Cumiar ao abeiro do Plan +Aqua da Deputación de Pontevedra.
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro Domínguez, e o deputado provincial Javier Tourís Romero visitaron as actuacións executadas nas Comunidades de Auga de San Estevo de Cumiar e Santa Cruz de Cumiar, financiadas a través do Plan +Aqua da Deputación de Pontevedra, presidida por Luis López.
Durante a visita, ambos os representantes puideron comprobar de primeira man o resultado dunhas actuacións que contribúen a mellorar un servizo básico e esencial para os veciños e veciñas destas parroquias, reforzando as infraestruturas hidráulicas e garantindo un abastecemento máis eficiente e seguro.
Nava Castro destacou que estas actuacións son “un exemplo de que a boa xestión, a planificación e a colaboración entre administracións permiten ofrecer respostas reais ás necesidades da veciñanza”. A alcaldesa puxo en valor o compromiso da Deputación de Pontevedra co municipalismo e co desenvolvemento do rural a través de investimentos útiles e necesarios.
Pola súa banda, Javier Tourís sinalou que o Plan +Aqua forma parte da aposta do Goberno provincial por mellorar a calidade de vida dos cidadáns mediante actuacións que fortalecen os servizos públicos e contribúen ao desenvolvemento equilibrado do territorio.
Desde o Partido Popular subliñamos que este tipo de investimentos son fundamentais para seguir avanzando na modernización das infraestruturas básicas, favorecer a fixación de poboación e garantir oportunidades para vivir e desenvolver un proxecto de vida no rural.
O PP de Ponteareas reafirmamos o noso compromiso de continuar impulsando iniciativas e proxectos que melloren o día a día da veciñanza, apostando por unha xestión eficaz dos recursos públicos e por investimentos que dean resposta ás necesidades reais dos concellos e das súas parroquias.


