Ponteareas
No Partido Popular de Galicia a igualdade non é un lema: practícase cada día. A formación é hoxe o partido con máis alcaldesas en Galicia, con 31 concellos liderados por mulleres que gobernan con experiencia, compromiso e proxecto de futuro.
A alcaldesa de Ponteareas e presidenta local, Nava Castro Domínguez, participou recentemente nun encontro de alcaldesas do Partido Popular de Galicia, unha cita que serviu para poñer en valor o liderado feminino na política municipal e o traballo constante a prol dunha igualdade real.
Este encontro confirma que o Partido Popular de Galicia é a forza política con máis mulleres liderando concellos, demostrando con feitos o seu compromiso coa igualdade, fronte a outras formacións que, segundo sinalan, quedan en xestos sen contido real.
Compromiso firme fronte ao machismo
Desde o Partido Popular de Ponteareas denunciamos tamén situacións de falta de respecto e actitudes machistas no ámbito político local. A alcaldesa e as concelleiras teñen que facer fronte a comportamentos inaceptables nos plenos municipais, como berros, xestos intimidatorios ou episodios de tensión, incluíndo intentos de retirar o micrófono durante intervencións.
Así mesmo, tamén se teñen rexistrado situacións de violencia verbal contra a xefa da Policía Local, feitos que consideramos especialmente graves.
Traballo, respecto e igualdade real
Fronte a esta realidade, o Partido Popular de Ponteareas reafirma o seu compromiso cunha igualdade baseada en feitos, sen divisións nin slogans baleiros, e sempre centrados no traballo diario ao servizo da veciñanza.
Mentres outros optan pola confrontación, desde o PP seguiremos defendendo o respecto institucional, a igualdade real e o avance do municipio con responsabilidade e compromiso.


