APROBAMOS UN DOS CONTRATOS MÁIS IMPORTANTES DA ÚLTIMA DÉCADA PARA TRANSFORMAR O SERVIZO DE LIMPEZA EN PONTEAREAS

Ponteareas, 25 de febreiro— O Goberno municipal que lidera a alcaldesa, Nava Castro, aprobou un dos contratos máis relevantes da última década: o novo servizo de limpeza viaria, recollida de residuos e xestión do punto limpo, cun investimento de 3,27 millóns de euros anuais durante 10 anos. Un contrato que marca un antes e un despois na xestión dos servizos públicos do municipio.

Á fronte deste contrato está o concelleiro popular Jesús Cao, o mesmo edil que fai vinte anos anos levou ao pleno o anterior contrato de limpeza. Hoxe, dous décadas despois, volve asumir a responsabilidade de modernizar e actualizar un servizo esencial para a vila. Experiencia, coñecemento e compromiso ao servizo da veciñanza.

Durante oito anos de goberno da esquerda, o contrato permaneceu caducado e prorrogado ano tras ano, sen que se licitase un novo servizo adaptado ao crecemento de Ponteareas nin ás novas esixencias ambientais. A falta de planificación traduciuse en menos medios, menor capacidade de innovación e un incremento das queixas pola limpeza viaria.

Hoxe, o Partido Popular demostra que cando hai vontade política e capacidade de xestión, as solucións chegan.

Un contrato que garante máis medios, máis servizos e máis sustentabilidade

O novo contrato contempla importantes melloras:

✔️ Incremento das frecuencias de limpeza en todo o municipio
✔️ Brigada permanente nas parroquias para núcleos centrais, torreiros das parroquias e áreas recreativas como a Freixa
✔️ Incorporación de cinco novos camións de recollida adaptados a todas as necesidades
✔️ Recollida de poda domiciliaria por primeira vez
✔️ Instalación de 1.937 contedores de todas as fraccións e 400 novos contedores amarelos
✔️ Creación de 30 illas de reciclaxe nas parroquias
✔️ Recollida diaria porta a porta de cartón comercial
✔️ Dez puntos estratéxicos de recollida rápida no centro urbano
✔️ Mellora integral do punto limpo e posta en marcha dun punto limpo móbil
✔️ Aula ambiental e incorporación dunha educadora ambiental a tempo completo
✔️ 95.000 euros en innovación tecnolóxica para garantir control, trazabilidade e transparencia

Non é só un contrato administrativo. É unha decisión política clara: apostar por unha Ponteareas máis limpa, máis sostible, máis moderna e mellor xestionada.

Mentres outros deixaron pasar os anos sen facer os deberes, o PP cumpre. Mentres outros prorrogaban, nós transformamos. E faino un equipo con experiencia, coa solvencia demostrada de Jesús Cao, que xa no seu día puxo en marcha o contrato anterior e que hoxe volve dar un paso adiante para actualizar e mellorar o servizo.

Seguimos traballando con feitos. Seguimos asumindo responsabilidades. Seguimos gobernando para mellorar Ponteareas. 💙