O Partido Popular de Ponteareas solicita novamente a dimisión de Cristina Fernández por difundir información falsa

Ponteareas, 20 de febreiro.– O Partido Popular de Ponteareas solicita novamente a dimisión da candidata do BNG, Cristina Fernández, tras ser “pillada mentindo e enganando unha vez máis á veciñanza”.

O BNG volveu intentar desacreditar ao goberno local difundindo información falsa sobre supostas irregularidades, co obxectivo de xerar desconfianza entre os ponteareáns e ponteareás e frear o avance do municipio.

O Partido Popular aseguramos que os documentos oficiais da Confederación Hidrográfica acreditan o rigoroso traballo realizado polo goberno municipal e confirman a autorización para as obras da futura oficina de turismo e do museo do Corpus Christi de Ponteareas, desmontando así as acusacións realizadas polo BNG.

Desde o Partido Popular lembramos ademais a xestión económica realizada por Cristina Fernández durante a súa etapa como alcaldesa, que deixou ao Concello nunha situación económica límite, con importantes débedas que chegaron a provocar o corte da subministración eléctrica, e coa sinatura dun convenio polo que o custo das obras da nova depuradora recae sobre os veciños e veciñas mediante unha taxa.