Ponteareas, 27 de xaneiro de 2026 – O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, acompañado pola alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro Domínguez, e por membros da corporación municipal, visitou as instalacións da Comunidade de Augas do barrio de Picouto e da Comunidade de Usuarios de Porto, ambas beneficiarias das axudas autonómicas destinadas á mellora das infraestruturas de abastecemento.
Estas actuacións enmárcanse na liña de subvencións impulsada pola Xunta de Galicia para apoiar ás comunidades de usuarios de augas. En total, o Goberno galego destinou máis de 95.500 euros a nove comunidades do municipio, co obxectivo de reforzar servizos esenciais e mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Durante a visita, Agustín Reguera puxo en valor a importancia destas inversións para garantir un subministro de auga eficiente e seguro no rural, destacando tamén o papel fundamental que desempeñan as comunidades de usuarios na xestión deste recurso básico.
Pola súa banda, a alcaldesa Nava Castro Domínguez subliñou que estas axudas permiten modernizar infraestruturas clave e dar resposta ás necesidades reais da cidadanía de Ponteareas.
Esta inversión é unha mostra do compromiso da Xunta de Galicia e do Partido Popular, co presidente Alfonso Rueda Valenzuela á fronte, co desenvolvemento equilibrado do territorio e co benestar do rural ponteareán.


