Máis de 40 mulleres participaron na primeira reunión de traballo impulsada polo Concello para definir as prioridades das políticas municipais
Ponteareas, 18 de decembro de 2025 – Máis de 40 mulleres de Ponteareas participaron na primeira reunión de traballo impulsada polo Goberno co obxectivo de escoitar de primeira man as súas inquedanzas, necesidades e propostas. Este encontro marca un fito no municipio ao situar a voz das mulleres no centro da toma de decisións públicas.
Durante a sesión puxéronse en común cuestións clave que forman parte da realidade diaria das mulleres de Ponteareas. A maternidade, a saúde e a formación foron algúns dos eixos principais do debate. En concreto, a saúde integral, e especialmente a saúde mental, foi sinalada como a principal prioridade. A conciliación da vida persoal e laboral, así como o acceso a un emprego estable e de calidade, continúan a ser retos fundamentais. Ademais, a formación destacou como unha ferramenta esencial para garantir a autonomía persoal e laboral das mulleres.
Desde o Partido Popular de Ponteareas apostamos por escoitar, analizar e actuar, tendo en conta que cada muller vive realidades distintas. Este proceso participativo será a base para deseñar políticas públicas adaptadas á realidade do municipio.
A concelleira Raquel Plana, explicou que este traballo terá continuidade ao longo do ano, con novas reunións e accións concretas que permitan transformar as achegas realizadas en medidas reais e útiles para as veciñas de Ponteareas.
Desde o Partido Popular seguimos traballando con feitos: primeiro escoitar, despois actuar. A voz das mulleres importa e non precisa intermediarios.


