LIDERAMOS AS ESTRATEXIAS VERDES MUNICIPAIS EN GALICIA

Ponteareas entendeu hai tempo que crecer de costas á natureza como fixo o bipartito do bng/psoe non é unha opción. Por iso, somos pioneiros en Galicia en integrar a infraestrutura verde como base do noso desenvolvemento.

O Goberno de Ponteareas foi o primeiro en aprobar este documento estratéxico preparándose así para poder optar a esta liña de axudas que conta cun orzamento global de 2 millóns de euros e un importe máximo de 60.000 euros por proxecto, entre os tipos de iniciativas subvencionables cómpre citar a plantación de especies autóctonas que, xunto co uso de pavimentos naturais, contribúan a crear refuxios urbanos que atenúen o efecto “illa de calor”; a creación de novos espazos como fachadas, cubertas, muros e balcóns verdes así como xardíns verticais para incrementar a biodiversidade urbana; ou o acondicionamento e mellora das infraestruturas verdes (sendas, parques etc) e azuis (ríos) que rodean estas zonas, entre outras.

A alcaldesa, Nava Castro, “Cando falamos de infraestrutura verde, referímonos a todas esas solucións que nos dá a natureza para mellorar a nosa vida. Un bosque non é só un conxunto de árbores, é un pulmón que limpa o aire. Un río non é soa auga, é un corredor de vida que debemos protexer. E un parque non é só un espazo bonito, é un lugar onde a xente atópase, reláxase e sente ben”. A rexedora deixou clara a súa postura que se recolle na súa estratexia de infraestrutura verde, “non queremos que a natureza sexa un simple adorno. Queremos que sexa a base do noso desenvolvemento. Por iso, fomos o primeiro municipio de Galicia en aprobar un plan de infraestrutura verde. Pero non o fixemos sós: traballamos con expertos e, sobre todo, coa xente, porque isto é un compromiso de todos”.

O plan de restauración do ecosistema na praia fluvial da Freixa que “non só mellorará a biodiversidade, senón que tamén ofrecerá unha contorna máis saudable para veciños e visitantes». O mellor legado que podemos deixar aos nosos fillos é un pobo con máis verde e menos cemento como fixo o anterior desgoberno, facendo intransitable prazas e beirarrúas debido ás altas temperaturas. En Ponteareas non queremos crecer destruíndo, senón construíndo coa natureza.