OS VESTIARIOS DAS PISTAS DE TENNIS DA FREIXA XA SON UNHA REALIDADE

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto Viso, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo, acompañados pola alcaldesa, Nava Castro Domínguez e concelleiros do goberno, visitaron os vestiarios das instalacións deportivas da Freixa, construídos no marco dun convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello.

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, amosa a súa satisfacción de cumprir coa palabra dada aos centos de veciños e veciñas que practican este deporte na Freixa. Unha vez máis volvemos demostrar con feitos cando hai traballo e xestión por parte do goberno.

 

Desde este grupo de goberno levamos traballado moito en tan pouco tempo para poñer a punto as instalacións municipais que á nosa chegada ao goberno presentaban un lamentado estado ruinoso e de abandono tras os oito anos do desgoberno bipartito do BNG-PSOE, co BNG na alcaldía e concellería de Deportes sen ningún tipo de mantemento ou investimento nas infraestruturas deportivas.

Deixamos atrás o pasado do desgoberno do BNG-PSOE, un desgoberno que durante os oito anos de bipartito deu as costas a unha demanda dos centos de veciños e veciñas que practican este deporte. Desde o grupo municipal do Partido Popular somos conscientes de que queda moito por facer, e por iso o novo equipo de goberno segue traballando conxuntamente cos veciños e colectivos para seguir mellorando o noso municipio.

PONTEAREAS CON FEITOS