ESIXIMOS AO MINISTERIO DE TRANSPORTES A LICITACIÓN URXENTE DA OBRA DE MELLORA DA SEGURIDADE DA N-120

Desde este grupo de goberno unímonos co resto de grupos municipais e a Plataforma pola Defensa da Seguridade na N-120, colectivo veciñal que leva anos reclamando esta actuación.

O Goberno de Ponteareas aprobou no pleno extraordinario solicitar ao Ministerio de Transportes do Goberno do Estado, a licitación por urxencia da obra de mellora da seguridade da N-120, unhas infraestruturas moi necesarias, para mellorar a seguridade dos nosos veciños e veciñas, ademais da construción da variante que alivie este tramo de estrada na que a diario conviven máis 17.000 vehículos e os veciños das parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso. No pleno extraordinario celebrado na casa do Concello, contamos co apoio da senadora do Partido Popular, Nidia Arévalo e os deputados do Parlamento Gallego, Julio García Comesaña e Felisa Rodríguez.

A finais do pasado ano, o Estado trasladou tanto aos membros da Plataforma N-120 como ao Goberno Municipal de Ponteareas que o proxecto construtivo de mellora da seguridade viaria da estrada N-120 en Ponteareas estaba xa finalizado. Visto que este proxecto xa está finalizado e que é imprescindible que se executen estas obras de maneira moi urxente, todos os grupos políticos da Corporación Municipal alcanzamos un acordo unánime que reflicte a prioridade deste tema para o futuro do noso municipio.

Desde este grupo de goberno xunto ao resto da corporación municipal, solicitamos o apoio de todos os veciños e veciñas para urxir ao Goberno do Estado as obras de mellora da seguridade no tramo desta estrada en Ponteareas e chamamos á participación veciñal nas accións que se organicen porque “a seguridade é cousa de todos e de todas non só dos veciños e veciñas destas parroquias xa que a diario boa parte da cidadanía utiliza esta estrada”.