APROBAREMOS 20,5 MILLÓNS DE EUROS DE ORZAMENTO PARA PONTEAREAS NO 2025

Aprobaremos en tempo e forma por segunda vez o orzamento de Ponteareas para que entre en vigor o 1 de xaneiro “o segundo máis alto da historia deste Concello”.

O Concelleiro de Facenda e portavoz municipal do Partido Popular, Francisco Jesús Represas Carrera, fai fincape en que por primeira vez na historia o orzamento municipal conta con axudas para o alugueiro de vivendas, como novidade, consígnase unha partida de 21.600 euros para rehabilitar tres vivendas para persoas sen fogar aumentando nun 10% as axudas para emerxencia social. Aumentamos considerablemente o Servizo de Axuda no Fogar «SAF» crece un 75%, terminando coa lista de espera dos veciños e veciñas nos graos 2º e 3º (os máis graves) que deixou sen atender o anterior goberno de esquerdas. Tamén aumentamos a prestación do servizo Xantar na Casa, que pasa de 10 a 50 usuarios. «O orzamento municipal é a principal ferramenta de xestión dun Concello, onde se planifica a liña política a implementar en 2025 e recóllense todos os compromisos», explica. “Un novo orzamento equilibrado entre ingresos e gastos”, sinala. E o que é máis importante: “conta coa aprobación e visto e prace do departamento de Intervención”.

Nos 20.573.170 de euros, tamén hai partidas para novas obras, melloras e reparacións nas nosas Parroquias, as que máis sufriron o abandono durante a etapa do bipartito do BNG-PSOE apoiados por IzquierdaUnida. A Residencia Municipal de Santa Ana conta cunha partida de 900.000€ para ser reformada tras a deterioración que presenta pola falta de mantemento durante os últimos 8 anos do goberno de esquerdas.

O orzamento para o 2025 conta con 200.000€ para axudar ao deporte Ponteareán e un millón para fortalecer a nosa cultura. O gran destacado para o 2025 é que Ponteareas terá unha Nova Escola Infantil grazas ao investimento de 1,1M e unha nova Ludoteca propia no parque da Coruxeira, ademais de 800.000 para o novo mercado municipal «MercaTea» co selo de Calidade «Mercado de Excelencia».