A PROTESTA CONTRA A RESIDENCIA DE ARTISTAS E A DELEGACIÓN DA UNED SÓ TEN RAZÓN DESDE O EGOCENTRISMO E CENTRALISMO

O tecido veciñal de Ponteareas esténdese polas 24 parroquias e obrigar a usar un centro na contorna urbana é volver ao pasado.

Este grupo municipal seguirá colaborando coa cidadanía e as súas asociacións pero non posibilitará que un sr. teña un despacho privado pagado polo Concello con diñeiro público para facer política.

Ponteaeras, 24 de octubre de 2024. O Partido Popular de Ponteareas, sae ao paso do anuncio de concentración na Praza Maior coincidindo coa inauguración do edificio da Residencia de Artistas e Delegación da UNED en Ponteareas.

Esta concentración está organizada por unha asociación creada este ano e presidida por unha persoa que foi tenente de alcalde no pasado mandato sendo, ademais, ata o fin da lexislatura municipal, unha personalidade destacada nun dos partidos políticos do bipartito, quedando fóra da órbita local tras as eleccións municipais. Por tanto, parece que a asociación, creada este ano, é unha entidade instrumental que utiliza este Sr.  co fin de seguir vivo e participar na vida política, o que sería lícito si se fixese dando a cara e non desde a ocultación e a utilización política dunha entidade que debería ser independente e apolítica, pero que naceu co lastre de ser unha asociación vinculada a un sector político da esquerda local e non realmente independente.

Ademais, por vez primeira na historia de Ponteareas, unha entidade protesta contra unha decisión lícita dun goberno local democrático elixido nas urnas polos veciños e veciñas do municipio, que é a de crear unha Residencia de Artistas e unha delegación da Universidade Nacional de Educación a Distancia nun edificio que a entender deste Sr. debería ser un lugar con salas de reunións e despachos para determinadas asociacións, entre elas a que el preside, e que curiosamente, insistimos, legalizouse este ano. O goberno local ha dado uso a este edificio como un centro realmente aberto á cidadanía, non un espazo para “reinos de taifas”, un edificio que alberga instalacións para a Residencia de Artistas e para a delegación da UNED, pero que pode ser utilizado por entidades asociativas que o soliciten, sempre con orde e respecto, sen despachos privados para líderes. En definitiva, este grupo de goberno do Partido Popular seguirá colaborando coa cidadanía e as súas asociacións pero non posibilitará que un Señor teña un despacho pagado polo Concello con diñeiro público para facer política, iso poderá facelo cando se presente a outras eleccións e gañe.

Ademais, con respecto á pretensión de que ese edificio sexa o gran centro das asociacións, hai que dicir que quen así pensa faio desde o egocentrismo e centralismo caduco pois o tecido empresarial esténdese polas 24 parroquias e obrigar a usar un centro na contorna urbana é volver ao pasado. Desde o grupo de goberno do Partido Popular somos partidarios de apoiar o asociacionismo e colaborando para que todas as entidades asociativas, pero especialmente as máis antigas, teñan os seus propios locais. Construción de centros culturais, colaboración en mellora de edificios, colaboración de todo tipo coas asociacións é o único camiño que vemos nun municipio de tan grande extensión, todo iso sen prexuízo de que poida usarse calquera edificio municipal, incluso o propio concello, e por suposto este edificio da Praza Maior.

Desde este grupo de goberno lembramos que o novo goberno é o máis dialogante da historia de Ponteareas, non perseguimos aos veciños polas súas crenzas políticas nin censuramos a opinión veciñal coma si realizaba o anterior goberno con esta persoa que quere un despacho pago por todos. O grupo de goberno do Partido Popular  está disposto a axudar e a colaborar coa cidadanía, pero tamén esiximos respecto polas nosas decisións levadas no programa electoral que foi votado polos veciños e veciñas, sobre todo para dotar a Ponteareas de proxectos innovadores no aspecto cultural que se botaban de menos nunha localidade que é cabeceira da comarca.