Ponteareas, 10 de decembro de 2025. Partido Popular anuncia que Ponteareas é o primeiro concello da provincia de Pontevedra e un dos primeiros de Galicia en aprobar definitivamente o Orzamento Municipal 2026, consolidándose como un referente de planificación, responsabilidade e boa xestión pública.
Este orzamento histórico, que ascende a 22,5 millóns de euros, permitirá iniciar o ano con todas as contas operativas, garantindo estabilidade financeira e unha inmediata posta en marcha de proxectos que melloran a vida da veciñanza. O Orzamento 2026 ascende a 22.518.408,54 euros, a cifra máis alta da historia de Ponteareas, cun incremento do 9,45% respecto a 2025. Esta planificación expansiva é froito da xestión rigorosa e eficiente do concelleiro de Facenda, Francisco Jesús Represas, que logrou superar un remanente negativo de tesourería herdado do anterior goberno e situar ao concello nunha posición sólida e solvente.
Un dos piares deste orzamento é a consolidación da estabilidade financeira, cunha amortización da débeda por baixo dos 600.000 euros anuais e unha redución acumulada da débeda municipal que alcanza os 3,5 millóns de euros, liberando recursos para investimentos e servizos públicos.
En materia de infraestruturas e servizos, o orzamento inclúe 500.000 euros anuais para o novo contrato do ciclo integral da auga, permitindo estender a rede de saneamento ás 24 parroquias e investir un total estimado de 106 millóns de euros. Tamén se contemplan investimentos en depuración e saneamento en Ribadetea, así como o mantemento de servizos de baleirado de fosas sépticas e achegas ás traídas de auga.
Os servizos públicos verán melloras importantes: o novo contrato de recollida de lixo e limpeza viaria ascende a 2.183.936 euros, sen que aumente a taxa para a veciñanza. O servizo de desbroces aumenta un 325%, e o alumeado público e a enerxía reducirán gastos en 62.950 euros, demostrando eficiencia e compromiso coa veciñanza.
No ámbito social, consolidase a atención temperá con máis de 130.000 euros, aumentan as axudas de emerxencia social ata 116.000 euros, e o convenio coa Cruz Vermella sobe a 70.000 euros, incorporando un proxecto pioneiro de dixitalización para persoas maiores. O Servizo de Axuda no Fogar manterase con 1.870.200 euros, e iníciase o novo servizo “café-calor” para persoas sen fogar.
O orzamento tamén refuerza educación, cultura e deporte, coa nova escola infantil aumentando a súa capacidade nun 25%, apertura da ludoteca, mantemento de axudas escolares e culturais, e un investimento superior aos 400.000 euros en deporte, garantido apoio aos clubs locais.
A alcaldesa Nava Castro e o concelleiro de Facenda, Francisco Jesús Represas, subliñan que aprobar o Orzamento 2026 antes de rematar o ano “é un sinal inequívoco de boa xestión, planificación e compromiso coa veciñanza”. Este orzamento “marca un antes e un despois en Ponteareas, reforza os servizos públicos, impulsa o benestar social e garante a estabilidade financeira necesaria para continuar avanzando”.
O Partido Popular subliña que este logro non sería posible sen o traballo do concelleiro de Facenda, Francisco Jesús Represas Carrera, cuxa dedicación e profesionalidade fixeron posible presentar unhas contas municipais históricas. Grazas ao seu compromiso, Ponteareas recupera estabilidade, confianza e visión de futuro, demostrando que un goberno que planifica e traballa sen descanso obtén resultados reais para a cidadanía.
Desde o Partido Popular seguimos con paso firme. Seguimos construíndo a Ponteareas que queremos. Ponteareas segue sumando, segue mellorando… e segue avanzando.




