O Partido Popular de Ponteareas congratúlase da resolución xudicial que desmonta o recurso presentado pola CIG contra os pregos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O Xulgado do Contencioso-Administrativo confirmou que non existe delito nin irregularidade algunha, e a Fiscalía de Vigo ratificou a legalidade das actuacións do goberno local.
Estas resolucións, firmes e sen posibilidade de recurso, confirman que os pregos do SAF foron elaborados con rigor, transparencia e conforme á lexislación vixente, cumprindo ao milímetro co artigo 130 da Lei de Contratos do Sector Público. Ademais, a subrogación do persoal realizouse correctamente, respectando a normativa. Todo o escándalo creado pola CIG e polos partidos da esquerda de Ponteareas quedou demostrado como mentira.
“O Goberno de Ponteareas actuou correctamente desde o primeiro momento. Durante dous meses, a esquerda local, xunto á CIG, sindicato do BNG, iniciou unha campaña de intoxicación e desinformación, tentando desprestixiar á alcaldesa, ao concelleiro Francisco Jesús Represas e ao Partido Popular”. Estas actuacións incluíron perturbacións na casa consistorial e boicot ao pleno municipal.
Agora, nos preguntamos cando pedirán desculpas BNG, Podemos, PSOE e CIG por estas acusacións falsas e reiteradas.
O PP de Ponteareas agradece o profesionalismo da maioría das traballadoras do SAF e o apoio da cidadanía, que sempre permaneceu ao lado da verdade. “Seguiremos defendendo un SAF eficiente, legal e ao servizo dos nosos veciños e veciñas, fronte ás campañas de manipulación de quen non acepta a realidade nin as resolucións xudiciais”.


