Ponteareas, 10 de Decembro de 2025.– O Partido Popular de Ponteareas celebra a desconvocatoria da folga do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un avance fundamental para garantir a estabilidade laboral, a profesionalidade e unha atención digna ás persoas dependentes do municipio.
Grazas ao traballo conxunto do goberno municipal, a mediación da Xunta de Galicia, a empresa concesionaria e o comité de folga, conseguiuse en poucas semanas resolver mediante o diálogo unha situación que –segundo o PP– fora deteriorada durante anos polo anterior executivo BNG-PSOE.
Entre as melloras xa activadas destacan:
-
Regularización das nóminas e cotizacións.
-
Implantación dun novo sistema tecnolóxico de xestión.
-
Garantía de subministros hixiénicos e materiais.
-
Reforzo do persoal.
-
Activación dos servizos de fisioterapia e podoloxía.
-
Entrega dos PIA mediante o novo sistema.
Ademais, acadáronse acordos laborais de carácter histórico, entre eles:
-
60% do persoal a xornada completa.
-
Conversión automática a xornada completa para quen supere o 90% de dedicación.
-
Pagamento de horas extra a partir das 39 horas semanais.
-
Creación dun Comité de Saúde e formación específica en protocolos de acoso.
Denuncia de boicots políticos
O Partido Popular lamenta os episodios ocorridos nos últimos plenos municipais, afirmando que persoas vinculadas ao BNG de Ponteareas, Vigo e Gondomar acudiron a boicotear o funcionamento institucional. As traballadoras do SAF nos trasladaron o seu malestar pola imaxe ofrecida pola oposición en nome do colectivo.
Así mesmo, o PP lembramos que a Fiscalía arquivou a denuncia presentada polo sindicato vinculado ao BNG, avalando a actuación da alcaldesa e do concelleiro responsable despois das gaves acusacións vertidas contra eles.
Compromiso coas persoas dependentes
O actual goberno municipal destaca que:
-
Rescindiuse o contrato herdado das anteriores empresas (Aralia e, previamente, Samain).
-
Licitouse un novo servizo máis forte, actualizado e transparente.
-
Incrementouse o prezo/hora e melloráronse as condicións laborais.
-
Elimináronse as listas de agarda de graos II e III.
-
Equiparáronse os gastos de desprazamento.
-
Convertéronse medias xornadas en xornadas completas, reforzando a estabilidade laboral.
Desde o Partido Popular, subliñamos “O noso compromiso é claro: garantir un Servizo de Axuda no Fogar que responda ás necesidades reais da xente. A defensa das persoas dependentes é unha prioridade política e moral para este goberno”.
Para iso, desde o goberno ampliamos o contrato con máis dun millón de euros de investimento, reforzando a nosa aposta por un SAF digno, moderno e centrado no benestar das persoas usuarias e das profesionais que o fan posible.


