Ponteareas, 10 de decembro de 2025 – A Ruta de Tapas Pinchotea 2025 volveu demostrar que cando o Partido Popular goberna con seriedade, planificación e políticas útiles, Ponteareas avanza con paso firme. A alcaldesa Nava Castro Domínguez e o Goberno municipal teñen convertido esta iniciativa nun auténtico motor económico, capaz de activar o comercio e a hostalaría mesmo nos meses de menor actividade.
Con 20 establecementos participantes, miles de valoracións e unha mobilización cidadá notable, Pinchotea confirma que as políticas do PP funcionan, porque están enfocadas no esencial: apoiar aos autónomos, ás pequenas empresas e aos profesionais que xeran emprego e riqueza na vila.
Establecementos premiados en Pinchotea 2025
-
1.º Premio: La Carlotta Burger
-
2.º Premio: La Preciosa
-
3.º Premio: El Túnel
-
Mención Especial: Tapería Luna Flores e Vinoteca Casa Rivero
A alcaldesa Nava Castro subliñou que o equipo do PP está a construír “unha Ponteareas viva, con oportunidades reais e con políticas que se traducen en beneficios directos para os nosos veciños e para o tecido empresarial”.
O concelleiro de Comercio, Ricardo González Alonso, destacou que “o salto cualitativo desta edición é a proba de que Ponteareas medra cando hai unha xestión seria, rigorosa e enfocada a resultados, como a que está a levar a cabo o Partido Popular”.
Desde o Partido Popular de Ponteareas reiteramos que seguiremos impulsando iniciativas que xeren emprego, atraian visitantes e consoliden o municipio como un referente gastronómico, turístico e económico da comarca. O modelo do PP amosa, unha vez máis, que Ponteareas funciona mellor cando se aposta polo traballo, pola responsabilidade e polo futuro.



