Rafa Martínez destaca os avances do PP en Ponteareas e a importancia de fortalecer as parroquias

Ponteareas, novembro do 2025 – Durante o 7º Congreso do Partido Popular de Ponteareas, Rafa Martínez, veciño da parroquia de Fozara, reivindicou o labor do PP na mellora da calidade de vida dos veciños, con especial énfase no desenvolvemento das parroquias, piares fundamentais do municipio.

Martínez comezou a súa intervención agradecendo a presenza das autoridades do partido: o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a Secretaria do PPdeG, Paula Prado; o Presidente Provincial, Luis López; a Secretaria Provincial, Luisa Piñeiro; así como a alcaldes, concelleiros e afiliados que traballan diariamente polo proxecto popular. Así mesmo, expresou o seu recoñecemento á alcaldesa Nava Castro, sinalando o seu liderado e confianza: “Para min é un orgullo formar parte deste proxecto colectivo que mira ao futuro con esperanza e responsabilidade”.

Reivindicación do traballo polas parroquias e xestión fronte á oposición
O dirixente destacou o contraste con gobernos anteriores do BNG e PSOE, que, segundo sinalou, abandonaron ás parroquias de Ponteareas durante anos. “Tras anos de dificultades e abandono, logramos encamiñar de novo a Ponteareas cara á senda do progreso, con esforzo, transparencia e compromiso, escoitando aos nosos veciños e actuando sempre coa vista posta en mellorar a súa calidade de vida”, afirmou Martínez.

Entre os logros do PP destacou:

Seguridade e prevención de incendios: Plans de limpeza e mantemento de leiras en parroquias, con conciencia veciñal sobre os riscos de leiras descoidadas.

Xestión de residuos e eficiencia municipal: Novo contrato de recollida de lixo por máis de 2 millóns de euros e sistemas intelixentes de xestión que mellorarán o servizo en breves.

Saneamento e depuración: Reactivación do ciclo integral da auga, coa nova depuradora municipal (15 millóns de euros) e obras de saneamento en todas as parroquias tras oito anos de abandono polo anterior goberno, cun investimento total superior a 18 millóns de euros, un proxecto impulsado fronte ao bloqueo da oposición.

Fondos e proxectos estratéxicos para o benestar social
Martínez subliñou que, grazas á xestión do PP, Ponteareas conseguiu 11 millóns de euros de fondos FEDER, o maior financiamento da súa historia, destinados a mellorar infraestruturas e servizos esenciais. Entre os proxectos destacan:

Centros de día para maiores en Xinzo e Guláns, xunto a programas sociais que xa están en marcha como Afaga, Cruz Vermella, SAF e Xantar na Casa.

Novas casas culturais en Pias e Padrons, ampliando oportunidades culturais e educativas para todos os veciños.

Apoio á mocidade con plans de emprego e vivenda sostible, incentivando que os mozos poidan quedar e desenvolverse nas súas parroquias.

Impulso económico e urbanístico
O veciño de Fozara rremarcou a importancia do plan parcial da Lomba, que permitirá atraer novas empresas e xerar emprego próximo ás parroquias. Ademais, está a impulsarse a rehabilitación de vivendas baleiras con subvencións públicas para convertelas en residencias sostibles e alcanzables.

Patrimonio, cultura e calidade de vida
Martínez destacou a conservación do patrimonio cultural, a mellora das traídas de auga e a implantación de cursos en casas culturais, asegurando un municipio máis moderno, seguro e conectado coas súas tradicións.

Unidade e compromiso do Partido Popular
O discurso puxo énfase na unidade e forza do PP local como motor de progreso: “Devolvemos a ilusión, recuperamos a confianza e demostramos que con traballo, unidade e compromiso, Ponteareas pode seguir crecendo. O noso obxectivo segue sendo un municipio próspero, sostible e cheo de oportunidades para todos, tanto para quen vive no centro urbano como para quen goza das nosas parroquias”.

Martínez concluíu reafirmando o seu compromiso co proxecto do PP e o liderado da alcaldesa Nava Castro, e instou a todos os veciños a participar na construción dun futuro sólido e próspero para Ponteareas.