O Goberno de Ponteareas aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións para o 2025, o maior Plan de Subvencións de Ponteareas cunha cifra histórica que supera os 800.000€. Desde este grupo de goberno buscamos mellorar a xestión das distintas políticas públicas garantindo un uso racional, eficaz e eficiente dos recursos municipais, chegando á cidadanía e transformando a realidade social e económica á que nos enfrontamos.
O portavoz municipal do Partido Popular e Concelleiro de Facenda, Francisco Jesús Represas, explica que “o que buscamos con este Plan Estratéxico é seguir apoiando e dotando a diferentes colectivos dentro do municipio, dada a súa importancia para o tecido social, asociativo, cultural e deportivo. O seu traballo criticado polo portavoz de Ponteareas en común (Podemos+IzquierdaUnida), mellora a calidade de vida dos veciños e veciñas. Sen eles, moitas actividades fundamentais para a identidade e o benestar da sociedade non serían posible”.
O plan conta con diferentes liñas estratéxicas:
Fomento da cultura
Convenio de colaboración coa Asociación de Alfombristas (Nominativa, 15.000€); CMVMC Xinzo (Nominativa, 2.000€); Subvencións para centros e casas culturais (Concorrencia, 40.000€); Premio cartel promocional Corpus Christi (Concorrencia, 1.000€).
Fomento dos servizos sociais
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Nominativa, 6.000€); Convenio de colaboración coa asociación Afaga (Nominativa, 25.000€); Convenio de colaboración coa asociación Avelaíña (Nominativa, 10.000€); Convenio de colaboración coa Cruz Vermella (Nominativa, 40.000€); Axudas de emerxencia social (Concorrencia, 110.000€).
Fomento da participación cidadá
Subvencións para investimentos en traídas de augas veciñais (Concorrencia, 70.000€); Subvencións aos grupos políticos (Nominativa, 39.975€).
Fomento de vivenda e embelecemento urbanístico
Axudas á promoción da vivenda (Concorrencia, 90.000€).
Fomento da música
Concurso de gaitas do país (Concorrencia, 10.000€); Premios do entroido (Concorrencia, 12.000€); Fundación Rogelio Groba (Nominativa, 5.000€); Convenio Banda de Música de Guláns (Nominativa, 16.000€); Convenio Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Nominativa, 16.000€); Convenio Banda de Música de Ponteareas (Nominativa, 8.000€).

