O GOBERNO DE PONTEAREAS APROBA 20.573.170,33€ DE ORZAMENTO PARA O 2025

O Goberno de Ponteareas aprobou por segunda vez en tempo e forma no pleno da Corporación o orzamento para o ano 2025, un orzamento equilibrado en gastos e ingresos que se incrementa nun 6% situándose 20.573.170,33 euros. O orzamento de Ponteareas aposta pola reactivación económica da vila e por políticas sociais que favorezan aos que máis o precisan cunha estratexia que se abordará dende distintas áreas do goberno.

Desde este grupo de goberno apostamos por programas de emprego, a creación do primeiro espazo Café Calor para emerxencia social no noso concello, o desenvolvemento da Lomba como levamos anos reclamando, rehabilitación de dúas vivendas sociais, o Concelleiro de Facenda e portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Francisco Jesús Represas Carrera, fixo fincape en que por primeira vez na historia o orzamento municipal conta con axudas para o alugueiro de vivendas  e para a transformación de baixos en vivenda no centro urbano e no rural alugueiro de vivenda baleira, aumentamos o investimento no SAF dun 75%, un aumento do 10% para axudas de emexencia social, aumento do 50% da partida para área de Cultura, aumento do servizo Xantar na Casa e inxección en iniciativas de promoción do comercio, a construción da nova escola infantil e a nova ludoteca, novo mercado de abastos e novas rutas para a práctica deportiva ademais de novas infraestruturas para o deporte base son algunhas das liñas do documento.

Para a reactivación económica o novo goberno de Ponteareas, seguirá apostando pola formación dos Ponteareáns para a inserción laboral, por embelecer a vila e dotala de infraestruturas e unha programación de lecer que atraian o interese tanto das veciñas e dos veciños como das persoas de fóra. As medidas contempladas no orzamento van dende o impulso do solo industrial da Lomba para que as empresas poidan asentarse e medrar en Ponteareas ofrecendo emprego a accións de promoción da vila como a solicitude do selo de “mercado de excelencia” que o actual goberno promoverá para o Mercatea.

Francisco Jesús Represas, asegura que no ano 2025 construirase o novo Mercado Municipal Mercatea cun apoio da Xunta de Galicia de 800.000 euros, humanizarase a contorna do Concello  cun investimento de 1.130.000 euros, construirase a nova escola infantil, abrirase a nova ludoteca e contarase cun servizo de poda e mantemento de espazos verdes. Tamén se executarán as obras de mellora da residencia de maiores cunha partida de máis de 900.000euros. Seguiremos realiazando os exitosos obradoiros duais de emprego que oferten modalidades demandadas polo sector, imos promover un segundo plan xuventude mentoring na empresa e un novo obradoiro de emprego xuvenil ademais de continuar os programas integrados de emprego son algunhas das medidas que seguiremos desenvolvendo desde este grupo de goberno.

O orzamento de 2025 contempla un investimento de 400.000 euros para a mellora do cemiterio municicipal e o contrato dun servizo de limpeza de cunetas para maior seguridade na circulación e no día a día das veciñas e veciños sobre todo das 24 parroquias para que tamén sexa atractivo vivir no rural, onde tamén se mellorará a seguridade coa contratación dun servizo de limpeza de biomasa forestal para a prevención dos lumes. Nos  20.573.170,33 de euros, tamén hai partidas para novas obras e reparacións nas nosas Parroquias, as que máis sufriron o abandono durante a etapa do bipartito do BNG-PSOE. Imos promocionar hábitos de vida saudables para o vindiero ano, nesta liña crearánse sendas peonís na contorna da estrada de Fontenla 730.000 euros, apostarase pola mellora e posta en valor da Freixa o pulmón verde da nosa vila, un espazo de lecer axeitado para o deporte e no que se pode adestrar en diferentes disciplinas e consolídanse as actividades gratuítas de marcha nórdica. Por útimo o goberno manterá as axudas aos clubs e escolas deportivas da vila cunha partida de 200.000€.

Este grupo de goberno segue apostando pola colaboración entre diferentes entidades sociais, por iso volvemos renovar os convenios con AFAGA, Cruz Vermella e Avelaíña que traballan con proxectos para previr o Alzheimer, a soedade non desexada e a saúde mental. O orzamento de 2025 contempla obras de melloras nos centros educativos  tras o deteriodo xerado pola falta de mantemento durante a etapa do bipartito do Bng-Psoe, o desenvolvemento de campamentos de conciliación familiar e laboral e a potenciación do voluntariado xuvenil e interxeracional, ademais da creación dun programa de actividades de verán para xuventude o colectivo máis desfavorecido polo anterior equipo de goberno do Bloque Nacionalista e do Partido Socialista. E seguiremos coa realización de obradoiros ao longo de todo o ano que potencien as disciplinas do concurso Talento Xove.

Francisco Jesús Represas, remata agradecendo o traballo realizado polos traballadores e traballadoras do concello e a colaboración interna entre concellerías, vital para realizar unha mellor organización e xestión eficiente dos recursos municipais de Ponteareas.