A alcaldesa e deputada provincial, Nava Castro Domínguez e o concelleiro, Francisco Jesus Represas Carrera, inauguraron a nova cociña da Asociación Cultural de Moreira que dará servizo aos veciños e veciñas durante as inmensas actividades que organiza a directiva do centro.
Nava Castro aproveitou a visita para felicitar e agradecer a dedicación dos veciños e das veciñas que desde os centros culturais realizan un gran labor social e altruísta para o resto de veciños.
Os veciños e veciñas da parroquia de Moreira xa poden gozar desta nova obra grazas a unha subvención de 9.929,26€ da Deputación Pontevedra que preside Luis López Diéguez, unha Deputación máis municipalista que tende pontes cos municipios e os seus veciños.


