290.000€ PARA O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

A Concelleira de Servizos Sociais, Raquel Plana, informa que a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia vén de concederlle ao Concello de Ponteareas 290.000€ para o servizo de Atención Temperá. Un/unha psicóloga, dúas logopedas e unha pedagoga desenvolverán unha  atención máis específica.

O Goberno no só consegue por segundo ano consecutivo respaldo para este servizo imprescindible incrementándose en 146.000€ respecto á axuda conseguida o pasado ano. Ademais, reafirma o seu  compromiso coa incorporación dunha/ dun especialista máis. Para poder dar cobertura a todos os usuarios e acabar coa lista de espera asinouse un convenio social con COGAMI.

A alcaldesa, Nava Castro, e a concelleira de Saúde, Raquel Plana, seguen loitando por este servizo que se atoparon desmantelado polo anterior goberno do bipartito do BNG/PSOE, “foi unha das primeiras medidas que tomamos nada máis chegar ao goberno, recuperar este servizo indispensable que mellora a vida de moitas familias de Ponteareas”. Na actualidade, o  servizo de Atención Temperá de Ponteareas atende a 64 nenas e nenos, préstase de luns a venres e en horario de mañá e tarde para dar maiores facilidades ás familias do noso concello.