POÑEMOS EN MARCHA A SEGUNDA EDICIÓN DE «PINCHOTEA»

A ruta de ‘pinchos’ que ten como obxectivo dinamizar a hostalería de Ponteareas, se celebra dende o 24 de outubro ao 10 de novembro.

 

Este ano duplícanse os establecementos que participan chegando a ser 18, como novidade, o Concelleiro de Comercio Ricardo Gonzalez Alonso, presentou a colaboración do comercio local “a través dun sorteo da man de Banastra e da Asociacion Comerciantes Tea e así facer cidade xuntos provocando que a clientela da hostalaría tamén visite o comercio e á inversa”.

A Alcaldesa, Nava Castro Domínguez, destaca que “esta iniciativa pon de manifesto a nosa rica cultura gastronómica  e tamén fortalece o tecido social e económico de Ponteareas. Estamos orgullosos de poder dicir que nesta segunda edición contamos co dobre de establecementos de hostalería que o ano pasado e iso significa que é unha iniciativa importante para os veciños, veciñas e visitantes, pero tamén para todos os hostaleiros da zona.

Desde o Partido Popular non entendemos como hai partidos da oposición que estan en contra destas iniciativas é tentan boicotear  este roteiro gastronómico que fortalece a economía  e o emprego local .