APROBAMOS O PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

O Goberno de Ponteareas aprobou o Plan elaborado pola empresa pública SEAGA, grazas ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Un Plan para traballar na prevención dos lunes e situacións extremas de seguridade para nosa veciñanza e os seus bens. Unha ferramenta que permite ao concello actuar sobre as franxas de seguridade ante o incumprimento das leis por parte dos donos das leiras privadas. Un plan de obrigado cumprimento para os organismos locais e que Ponteareas, carecía del polo deixamento do anterior goberno do Bng/Psoe.

A alcaldesa Nava Castro, recalca que “é responsabilidade de cada persoa propietaria manter as súas fincas limpas polo ben de todos a fin de evitar perigos de incendio”.

O Plan determina a xestión da biomasa e a delimitación de faixas de protección para zonas poboadas e recolle a relación de parcelas afectadas polas diversas actuacións preventivas a realizar. O documento inclúe unha relación de parcelas afectadas, coa referencia catastral, e a superficie total e afectada en m2. Para elo define as redes secundarias nunha franxa de 50 metros perimetrais ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable. A concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, “o plan é una ordenación do territorio no que se indica que parcelas a menos de 50 metros”