O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acompañado da alcaldesa, Nava Castro e concelleiros do goberno, visitaron as obras de instalación de dous vestiarios nas pistas de tenis da Freixa. O proxecto estará listo en aproximadamente dous meses e conta cun orzamento de preto de 60.000 euros dos cales o 80% corresponde a financiamento da Secretaría Xeral para o Deporte.
Esta actuación é posible grazas ao compromiso do actual goberno local, cun convenio do Concello de Ponteareas e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia que preside Alfonso Rueda, respondendo a unha demanda dos centos de xogadores e xogadoras que cada mes achéganse ás pistas de tenis para practicar deporte. Cabe destacar que Ponteareas conta ademáis cun dos clubs de tenis máis numerosos de Galicia.
Nava Castro, mostra a súa satisfacción de cumprir con feitos a palabra dada, xa que dentro de moi pouco os tenistas que se acheguen a Ponteareas contarán con dous vestiarios por primeira vez na historia, un compromiso co Club de Tenis e os veciños e veciñas durante a campaña electoral do Partido Popular.
Agustín Reguera, aproveitou a visita para poñer en valor o traballo que se está levando a cabo en Ponteareas en «todo o referente ao fomento do deporte e moi especialmente do deporte base».
PONTEAREAS CON FEITOS