A praia Fluvial de A Freixa conta por primeira vez cunha cadeira anfibia para facilitar o baño ás persoas con mobilidade reducida.
Coa chegada do verán, a praia fluvial de A Freixa é o destino elixido pola maioría de veciños e familias para pasar os días calorosos do verán. Con todo, atopámonos cun problema sen resolver nos 8 anos do anterior goberno bipartito, para as persoas con discapacidade ou mobilidade reducida. E é que todas as praias do Condado-Paradanta non son accesibles. “A cadeira anfibia é un recurso necesario e indispensable para que veciños e veciñas con mobilidade reducida poidan desfrutar da praia da Freixa ao igual que o resto da cidadanía”, salienta a alcaldesa, Nava Castro, que adianta que seguirán traballando para facer de Ponteareas unha vila máis accesible e na que a cidadanía poida desenvolver o seu día a día en igualdade de condicións.
Esta iniciativa da concellería de Medio Ambiente que dirixe Silvia F. Táboas, permitirá o seu uso a todas as persoas que o precisen solicitándolla ao persoal do servizo de socorristas. Agora A Freixa axústase aos criterios de accesibilidade, pero aínda queda moito por avanzar