O PARTIDO POPULAR CUMPRE CO COMPROMISO ELECTORAL ADQUIRIDO COS VECIÑOS E VECIÑAS DA PARROQUIA DE XINZO

Damos o primeiro paso para a posible construción dun Centro de Día na parroquia de Xinzo.

Coa Aprobación Inicial do Plan Especial de Reforma de Interior do Núcleo Rural A Portela, na parroquia de Xinzo, permitirase a construción dun Centro de Día. Un dos compromisos cos veciños e veciñas da parroquia na campaña electoral das eleccións municipais, que a poucos días de cumprir un ano de goberno, estamos a levar a cabo o programa electoral que presentamos para Ponteareas.

Un ano de feitos, tras oito anos de falta de avance por parte do anterior goberno bipartito que deixou unha débeda nas arcas municipais, e que agora, estamos a traballar para reverter a situación local, sendo conscientes do moito que queda por facer.