O PARTIDO POPULAR DE PONTEAREAS FELICITA A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPARON NO CORPUS CHRISTI DE PONTEAREAS

 

  • Un quilómetro e medio tapices florais e milleiros de visitantes que encheron Ponteareas nunha nova edición do Corpus Christi, revitalizado e con máis forza. Grazas a actitude dos veciños e veciñas, alfombristas e a profesionalidade das/dos traballadores municipais, do grupo sanitario e forzas e corpos de seguridade así como o apoio de autoridades políticas.

 

 

  • A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, felicita, no seu nome e no de todo o goberno, a todas as persoas que fixeron posible unha nova edición do Corpus Christi de Ponteareas e a todo o público participante. O traballo realizado nas rúas polas e polos alfombristas ponteareáns.

 

 

O goberno que lidera Nava Castro, tamén agradece a profesionalidade do persoal municipal que, ano tras ano, deixa de celebrar as festas en familia e para realizar un servizo público e que toda a cidadanía poida gozar dun tempo de calidade. Tamén a presenza das autoridades políticas que arrouparon as celebracións; presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; conselleiro de Cultura, José López; presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; alcaldes da comarca e demais autoridades que gozaron do esforzo dun pobo unido. Ademais quere salientar o traballo das forzas e corpos de seguridade e do grupo sanitario, que velaron en todo momento pola seguridade das persoas.