NAVA CASTRO SEGUE TENDENDO A MAN A ACIP PARA CONFORMAR UN GOBERNO DE COALICIÓN FORTE E SOLVENTE EN PONTEAREAS

NAVA CASTRO SEGUE TENDENDO A MAN A ACIP PARA CONFORMAR UN GOBERNO DE COALICIÓN FORTE E SOLVENTE EN PONTEAREAS

  • A líder popular insiste en que “como sempre dixen, a única liña vermella para poder pactar é a Alcaldía, que terá que ser para a candidatura máis votada. Todo o demais está aberto a ser consensuado”
  • O xoves 1 de xuño, nun lugar neutral escollido polo candidato de ACIP, reuníronse durante 45 minutos González Carrera e a propia Nava Castro en solitario, sendo o primeiro dos encontros post-electorais da lista máis votada dos comicios como claro xesto de achegamento

Ponteareas, 12 de xuño de 2023. Nava Castro mantén a man tendida desde a mesma noite electoral cando se converteu na candidata máis votada e polo tanto a opción predilecta para a maioría da cidadanía de Ponteareas. Esta condición lexitimaa para converterse na próxima alcaldesa da vila, ben nun goberno de coalición que permita unha maioría absoluta, e maior estabilidade ao concello ou ben en solitario, xa que “ese é o desexo do pobo e así o deixaron claro as urnas”. Cos resultados definitivos na man, a aritmética electoral é clara: os 7 edís do Partido Popular e os 4 de ACIP poden conformar esa maioría que daría estabilidade e solvencia a un concello que leva 8 anos sen avance. Castro afronta a semana clave das negociacións políticas con tranquilidade por ter sido “totalmente clara e transparente desde o minuto 1” e confiada en que “finalmente todo o mundo asuma o papel que lle corresponde respectando o mandato cidadá e que conformemos o goberno que nos está demandando a veciñanza e que Ponteareas necesita nun momento clave”. A líder dos populares é clara ao explicar que “como sempre dixen, a única liña vermella para poder pactar con outro partido, neste caso ACIP, é a Alcaldía, que terá que ser para a candidatura máis votada, neste caso para o Partido Popular” e engade que “todo o demais pode levarse a mesa de negociación. Pero todas as partes temos que entender como está a situación, rebaixar o ton e traballar por Ponteareas”. Castro, que incide en que “as nosas portas sempre estiveron e seguen estando abertas para negociar”, móstrase contrariada, xa que ACIP parece interesado en trasladar a idea de que non houbo conversas para falar da futura gobernalidadel. O pasado xoves día 1 de xuño, ás 10:30 horas da mañá, nun lugar neutral que foi precisamente escollido polo propio Juan Carlos González, reuníronse os candidatos do PP, Nava Castro, e de ACIP, o propio González Carrera. O encontro, que non​NOTA DE PRENSA tivo difusión mediática, prolongouse durante 45 minutos, en formato vis a vis e sen presenza dos equipos negociadores. Foi, “por deferencia” da líder popular, a primeira reunión postelectoral, porque se entende a ACIP como “socio natural” para a busca de pactos de goberno. “Naquela reunión eu persoalmente trasladei esa liña vermella de non poder renunciar á Alcaldía, pola diferencia de votos, explica a propia Castro Domínguez. Desde as filas populares engaden que: “ACIP está chamado a ser co-protagonista durante os próximos 4 anos, confiamos en que podamos chegar a acordos que dean unha oportunidade á nova etapa que se abriría en Ponteareas”. Precisamente sobre as posibilidades de cara ao pleno de toma de posesión do sábado 17 de xuño, a líder popular insiste en que “só existen dúas opcións, que non se moveron un ápice desde a noite electoral: ou ACIP se suma ao noso proxecto, ao que están invitados a formar parte activa e ser fundamentais no futuro da nosa vila, ou respectan os resultados das urnas e permiten gobernar á lista máis votada, que ademais conta co proxecto político e o equipo para facelo posible en minoría”.