NAVA CASTRO ANUNCIA QUE O CORPUS CHRISTI TRANSFORMARASE A PARTIR DO PRÓXIMO ANO NUN REFERENTE DE INCLUSIÓN SOCIAL E DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

  • O Corpus de Ponteareas é un lugar no que todos e todas deberían ter cabida, con accesos adaptados a persoas con mobilidade reducida e no que todos e todas as veciñas poidan ser partícipes.
  • Outórgase unha importancia capital ás aportacións dos colectivos e asociacións sociais, como Avelaíña e Adapta así como ao traballo e o saber facer da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas.

Ponteareas, 8 de xuño de 2023. Esta mañá celebrouse na Praza Maior de Ponteareas a inauguración do adorno da costa de San Gregorio, realizado polos usuarios das asociacións Avelaíña e Adapta e coa colaboración da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas. 

A este acto, acudiron membros do equipo dos populares, onde se puxo en valor a necesidade de favorecer a inclusión e a participación de diferentes colectivos no Corpus Christi.

Nava Castro, asegura que “Ponteareas debe ser unha vila inclusiva e adaptada, na que todos e todas teñan cabida, principalmente na nosa gran festa “.

Na mesma liña, Raquel Plana, futura concelleira da corporación, xunto co concelleiro Andrés Sampedro, sinala que “actividades sociais e recreativas como realizar un tapiz floral favorecen significativamente ás persoas con problemas de saúde mental, como é o caso dos usuarios da Asociación Avelaíña”.

Dende as filas populares confírmase que dende o Concello, unha vez esteamos no goberno, traballarán incansablemente polo Corpus Christi e pola inclusión de todas e todos os veciños.