- A candidata popular aposta firmemente polas parroquias da vila no seu mandato, dotándoas de saneamento integral, unha medida que está a ser moi ben acollida nos distintos encontros de campaña
- Castro asegura que as traídas de augas do rural contarán con beneficios como o costeamento de dúas analíticas anuais e o curso de Manipulador de Augas Potables por parte do Concello.
Ponteareas, 19 de maio de 2023. Nava Castro, candidata á alcaldía de Ponteareas polo Partido Popular, consolida a súa firme e decidida aposta polo rural da vila. A súa prioridade, e a gran petición veciñal que lle levan solicitando de maneira recurrente, é a falta de saneamento integral para o total da superfície das parroquias de Ponteareas, un proxecto que leva anos pendente de resolución e que por fin pode ter remedio gracias ao proxecto da líder popular.
Castro asegura que “a miña prioridade e a do total da candidatura do PP é o rural e as persoas que viven nas parroquias da vila, que deben ter os mesmos servizos e beneficios que as que habitan no centro”.
A candidata afirma que xa teñen desenvolvido o proxecto co que se acometerá ese saneamento total das parroquias, e fixa “nun prazo de dous anos” o horizonte no que o servizo pode ser unha realidade. Segundo a estratexia que plantexa Castro, os tempos de execución dos traballos son relativamente curtos, mentres que a financiación pode extenderse ata en 20 anos para permitir unha xestión económica municipal que non afogue as contas do Concello pero que permita saldar unha débeda histórica cos veciños e veciñas. Este proxecto está sendo explicado polo miúdo parroquia a parroquia e a iniciativa está a ser moi ben acollida polos veciños e veciñas, que por fin ven viable unha solución pola que levan esperando moitos anos.
Ademais, a propia Nava Castro asevera que “as comunidades de augas son as grandes esquecidas da nosa vila”. Por iso, para paliar esta situación, a candidata popular propón establecer dende o Concello a garantía de 2 analíticas anuais para todas as comunidades de augas das parroquias, así como o financiamento do curso de Manipulador de Augas Potables para os interesados que o demanden. Castro asegura que o seu mandato “será o mandato das persoas, da escoita activa e das parroquias”, e marca como prioridade “dar resposta aos pequenos e grandes problemas das persoas, e iso só se logra reseteando o actual modelo e gobernando para todos e todas”.