A candidata popular á Alcaldía fai público o que leva semanas presentando parroquia por parroquia e nos actos sociais e sectoriais, rodeada do seu equipo
A proposta inclúe xa aos responsables das distintas áreas nas que se repartirá o grupo municipal, a expensas do resultado final das votacións do vindeiro 28 de maio
Ponteareas, 17 de maio de 2023. O proxecto político para gobernar Ponteareas que lidera Nava Castro resúmese no documento do seu programa electoral, que é accesible a todo o mundo coa vista posta na histórica cita electoral do próximo domingo 28 de maio, no que Ponteareas decidirá se quere cambiar o modelo de goberno e aspirar a recuperar a posición de referencia que tivo pero que se está a diluir nos últimos anos como consecuencia dun bipartito feble e que non escoita as demandas cidadás.
Para poder remediar a actual situación, a candidata popular presenta un documento programático completo no que se recollen propostas e ideas enfocadas a buscar solucións a problemas reais do día a día dos veciños e veciñas da vila. O traballo de diálogo e escoita activa que Nava Castro e o seu equipo iniciaron hai meses está recollido nas páxinas de este documento, que marca a senda prevista para os próximos catro anos.
O equipo leva tempo traballando de maneira continua e organizada, xa que a cabeza de lista presentou no seu día as áreas de traballo e goberno que desenvolverán cada un dos 13 primeiros candidatos que concorren xunto a Castro a estes comicios.
Do mesmo xeito, a clara aposta polas parroquias está nítidamente recollida neste programa, xa que todas e cada unha delas están chamadas a ser protagonistas durante todo o ano, en contraposición á actual situación na que sufren o abandono sistemático do goberno que agora remata mandato.
Podes descargar o programa electoral de Nava Castro e seu equipo neste link:
DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA DE NAVA CASTRO
O domingo 28 exerce o teu dereito ao voto. Vota Nava Castro. Vota Partido Popular.
#ReseTea #EntreTodos