O PARTIDO POPULAR DE PONTEAREAS DIFUNDE UN VÍDEO SOBRE A ALARMANTE SITUACIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA EN PONTEAREAS

  • O PP de Ponteareas leva tempo alarmando sobre a situación comercial do municipio, onde cada vez hai máis locales pechados
  • A actividade económica da vila preocupa tanto a veciñas e veciños como aos integrantes do Partido Popular

O vídeo, difundido nas redes sociais do PP de Ponteareas, trátase dun traballo de impacto visual onde se aprecia á perfección a realidade da actividade económica do municipio.

Nesta sucesión de imaxes, de menos dun minuto de duración, constátase a cantidade de locais pechados que hai na vila, un día laboral en horario comercial, co cartel de «alúgase» ou «véndese».