- Ponteareas podería sumarse a iniciativas coma a que a Xunta asinou a pasada semana coa asociación Ategal para consolidar a súa oferta de actividades de envellecemento activo
- A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal, conta con sete Aulas Sénior con actividades para maiores de 55 anos
Ponteareas, 13 de abril de 2023. Nava Castro, candidata á alcaldía de Ponteareas destaca a importancia das iniciativas que propoñan proxectos de envellecemento activo tanto física como mentalmente, de cara a mellorar a calidade de vida dos maiores de 55 anos. Por este motivo defende e pon o foco no convenio asinado pola Xunta de Galicia e Ategal, a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, que xa conta con Aulas Sénior en 7 localidades de Galegas e máis de 1.200 usuarios.
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, INE, o 27,7% dos veciños e veciñas de Ponteareas superan os 55 anos polo que o Partido Popular considera necesaria unha política de atención ao envellecemento activo coa posta en marcha de actividades en dous ámbitos: por un lado incrementar e garantir a actividade física regular adaptada ás doenzas ou limitacións persoais e, por outro, as actividades que permitan seguir formándose, ocio activo ou visitas culturais, a modo de universidade para maiores.
Esta iniciativa súmase a outras como o aumento do número de beneficiarios dos programas ‘Xantar na Casa’ e ‘Axuda no Fogar’, “centros de dia no rural” así como a demanda dun trasporte sociaosanitario que achegue aos veciños e veciñas das parroquias ao centro de saúde. Trátase, en resumo de dotar aos habitantes e Ponteareas maiores de 55 anos daqueles servizos que precisen, segundo o seu momento vital.