- Nava Castro, candidata á alcaldía, e Chus Lorenzana, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, o presidente provincial e Rafa Martínez ofreceron unha conversa sobre emprendemento e emprego.
- As ‘Unidades Formativas na Empresa’ e os ‘Polos de Emprendemento’ son as accións máis salientables no encontro de onte promovidas pola Xunta de Galicia
- A conselleira destacou a importancia de que Ponteareas conte cunha alcaldesa aliñada coas políticas de promoción e emprego
Ponteareas, 4 de abril de 2023. O tecido empresarial de Ponteareas e asistentes en xeral, mantiveron onte unha xuntanza de traballo coa conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Chus Lorenzana, o presidente provincial, e Rafa Martínez xunto coa candidata á alcaldía de Ponteareas, Nava Castro que considera fundamental a proximidade que permite coñecer as necesidades dos empresarios e empresarias.
Durante o encontro, tanto Nava Castro como Chus Lorenzana falaron, desde a súa experiencia en xestión pública dos principais retos do emprendemento. Así, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade fixo referencia a algunhas das novas medidas tomadas desde a propia Xunta de Galicia como son os Polos de Emprendemento e as Unidades Formativas na empresa.
No caso concreto destas últimas, tratanse de accións formativas destinadas a 2.000 personas en galicia, cunha dotación de máis de 3,5M€. A conselleira considera fundamental “formarse e poder acceder a cursos que permitan adaptar e compatibilizar esa formación continua co traballo”, segundo asegurou.
A titular de Emprego da Xunta de Galicia destacou a “excelente ubicación de Ponteareas, coas grandes cidades moi próximas”, e tamén a importancia decisiva de que a vila conte cunha alcaldesa que impulse as medidas postas a disposición do tecido empresarial xa que “de nada vale que desde Xunta promovamos plans se non se apoian a nivel local” Pola súa banda a candidata á alcaldía, Nava Castro, instou aos asistentes a “non ver á administración como unha barreira, senón como un apoio e respaldo aos seus proxectos”. De feito unha das ideas que se propoñen desde a candidatura popular é o ‘acompañamento aos novos empresarios e empresarias’, facendo mención especial as empresas e pequenos comercios da vila, que son os que aportan valor e vida ás rúas dos municipios. Unha proposta que agardan poder poñer en funcionamento a partires do 28 de maio.