COMUNICADO OFICIAL EN REPULSA ÁS PINTADAS ACOMETIDAS NAS PAREDES DE INSTITUCIÓNS E INSTALACIÓNS PÚBLICAS DE PONTEAREAS

Dende o Partido Popular de Ponteareas mostramos o noso firme rexeitamento e repulsa a calquera forma de acto vandálico en xeral e aos acometidos na nosa vila nos últimos días en particular.

O PP de Ponteareas condena publica e enerxicamente as pintadas realizadas nas paredes de institucións e instalacións públicas do noso municipio como a Casa do Concello ou o Auditorio.

As instalación municipais e o mobiliario urbano son un ben de todos e todas, que debemos coidar e protexer. Este tipo de accións non teñen cabida na nosa sociedade, onde a convivencia e o respecto polos demais debe ser parte fundamental do noso día a día.

Tendemos a man ao goberno local e ao resto da sociedade de Ponteareas para erradicar este tipo de prácticas que non benefician a ninguén e que só conlevan danos para a convivencia dos veciños e veciñas.