- Jesús Cao, sétimo e Lina Limeres, décima, xa contan con experiencia política xa que ambos foron concelleiros
- Nos postos oito e nove, Cristian Montes e Rafael Martínez, que repite a súa presenza na lista
- Alejandro Doval, empregado público no Concello ocupa o posto once, e no doce e trece, os debutantes Xabier Fernández Faro e Gabriel Bernárdez
Ponteareas, 21 de marzo de 2023. A candidata á alcaldía, Nava Castro, continúa a desvelar o equipo que a acompaña na lista de cara ás eleccións do vindeiro 28 de maio. Trátase de Jesús Cao, Cristian Montes, Rafael Martínez Pazos, Lina Limeres, Alejandro Doval, Xabier Fernández Faro e Gabriel Bernárdez, en orde dos postos sete ao trece.
O sétimo posto ocúpao Jesús Cao, diplomado en CUNEF, foi empregado de banca. Foi concelleiro en dúas lexislaturas consecutivas, de 2011 ao 2019.
No octavo posto, incorpórase Cristian Montes Estévez, técnico superior en actividades físicas e deportivas e que actualmente traballa no sector dos hidrocarburos.
No posto nove, Rafael Martínez Pazos, oriúndo de Lomba, na parroquia de Fozara, é coordinador e auditor de calidade no sector automobilístico, e repite na lista ás eleccións municipais por cuarta vez.
O décimo posto é para Lina Limeres, fundadora e presidenta durante os últimos oito anos da Asociación de Comerciantes Tea. Formada como técnico superior en administración e dirección de empresas, foi concelleira da corporación municipal durante catro anos.
Alejandro Doval ostenta o posto número once. É graduado social e leva máis de 25 anos traballando na administración pública. Actualmente traballa como responsable de Recursos Humanos no propio Concello de Ponteareas.
No posto doce, o integrante máis mozo ata o momento da candidatura é Xabier Fernández Faro, graduado en Ciencias Políticas e que actualmente cursa o Grao en Economía.
No número trece, Gabriel Bernárdez. Graduado en Dereito pola USC e con dous mestrados, en Protección de Datos e Dereito Ambiental. Exerce como asesor xurídico especializado en novas tecnoloxías e sustentabilidade. Todos eles acompañan a Nava Castro e ao número dous, Rafa Martínez; Raquel Plana, terceira; Ricardo González, no cuarto posto e os edís do actual mandato Francisco Represas e Silvia Fernández Táboas, nos postos quinto e sexto. A candidata á alcaldía conforma así unha lista na que se alternan os perfís especializados en xestión con aqueles centrados na atención cidadá.