OS PRESIDENTES NACIONAL, AUTONÓMICO E PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR RESPALDAN A NAVA CASTRO COMO CANDIDATA Á ALCALDÍA DE PONTEAREAS COA SÚA VISITA Á VILA

  • Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda e Luis López mantiveron un encontro con membros da candidatura e simpatizantes na nova sede local, xunto coa secretaria xeral o PPdG, Paula Prado
  • Castro, agradece o apoio dos dous máximos dirixentes do Partido Popular ao seu proxecto de goberno no que porá ao servicio da vila toda a súa experiencia de xestión

Ponteareas, 3 de marzo de 2023.  A candidata á alcaldía de Ponteareas polo Partido Popular, Nava Castro, recibiu hoxe o apoio do Presidente Nacional do partido, Alberto Núñez Feijóo, do Presidente do PPdG, Alfonso Rueda Valenzuela e do Presidente Provincial, Luis López, así como Paula Prado, secretaria xeral do PPdG. Os catro visitaron a vila para demostrar a súa confianza no proxecto de Castro e visitar a nova sede do partido.

A reunión cos simpatizantes e integrantes da candidatura popular levouse a cabo na nova sede, ubicada no baixo do número 1 da rúa Vidales Tomé, é un símbolo máis do proxecto de Nava Castro de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.

Na sede agardaban diversos colaboradores e afiliados cos que tanto Alberto Núñez Feijóo como Alfonso Rueda e Luis López mantiveron unha encontro para coñecer máis de preto as ideas e proxectos do programa, así como saudar aos integrantes da lista coa que concorren ás eleccións de maio.

A nova etapa do Partido Popular de Ponteareas nace con nova candidata, novo local, novas incorporacións á lista e co obxectivo de recuperar a alcaldía o 28 de maio.