O PP DENUNCIA O SOBRECUSTO DA OBRA DO CAMIÑO ESCOLAR AO CEIP RAMIRO SABELL QUE ACABA DE SUFRIR UNHA SUBA DUN 32%

  • Os populares denuncian que o proxecto inicial, polo que ofertaron as empresas, adxudicouse por un custo de 730.000 euros e agora tiveron que incrementalo ata os 965.000 euros sen explicación algunha.  

Ponteareas, 25 de agosto de 2022.- O Grupo Municipal do PP denuncia o modificado realizado en pleno mes de agosto polo Goberno Bipartito en relación á obra que se está a executar na rúa Trobador Xoan García de Guillade para realizar un “camiño escolar” ao CEIP Ramiro Sabell.     Os populares, que xa denunciaron no seu día o perigo do trazado que vai concorrer polo mesmo lugar que o vial de entrada que ten proxectado construír a Deputación de Pontevedra, advirten que o proxecto acaba de sufrir un modificado esaxerado que supón un incremento do 32%.

“Non estudan os proxectos. Cando adxudicaron a obra fíxose por máis de 730.000 euros e agora, din que porque teñen que facer melloras subterráneas de saneamentos, electricidade etc tiveron que modificar ata os 965.000 euros. Non son serios cos proxectos. Empezan obras e logo todo son problemas e improvisacións. Esixiremos explicacións sobre este sobrecusto”.     

O PP lamenta que esta obra non fose acordada cos veciños da zona, na súa maioría molestos coa actuación que se está acometendo. “A falta de diálogo deste bipartito é a súa seña de identidade para todo”.