- A portavoz popular, Belén Villar, reuniuse o pasado luns cos integrantes de plataformas veciñais que buscan a defensa da Freixa e do río Tea.
- “Os populares solicitan mediante moción unha actuación integral na contorna para non perder esta tempada de verán”
Ponteareas, 13 de xullo de 2022.- O Grupo Municipal do PP propuxo levar unha moción conxunta ao pleno de xullo para que todos os grupos políticos manifestemos que a recuperación da contorna da Freixa é unha prioridade.
A portavoz popular, Belén Villar, que mantivo unha reunión coas plataformas veciñais que abanderan o movemento “A pé de río” considera que para este ano pódese salvar a tempada de verán con pequenas actuacións.
“Estamos a estudar o documento que nos facilitou as plataformas veciñais, que por desgraza está a ter que facer o traballo dos políticos e do Goberno en concreto. Coincidimos en todo o que expoñen, pero para salvar esta tempada xa se poden facer pequenas actuacións que non requiren grandes investimentos».
Os populares solicitan primeiramente saber se, unha semana despois de que o goberno tivese que pechar as zonas de baño, estudáronse de onde proceden as verteduras e en caso afirmativo coñecer se se efectuou algún traballo para evitalos e que se recupere a zona de baño, agora non recomendada pola contaminación. Propoñen tamén un equipo de roza semanal na contorna para adecuar a zona para goce de veciños e posibles turistas. Limpeza de todo a contorna cunha brigada que se reforce a fin de semana, ante as queixas e repetidas imaxes de refugallos. Instalación de máis papeleiras e un servizo de limpeza municipal nos baños públicos da praia fluvial”. Con estas pequenas actuacións os populares consideran que se pode salvar esta tempada e empezar a falar dun gran proxecto de reforma integral da Freixa.
Ademais, o PP solicitará información do servizo de socorrismo, actualmente adxudicado, pero segundo as últimas informacións inexistente na praia fluvial. “Cónstanos que hai polo menos un socorrista contratado pero varios veciños, que decidiron bañarse a pesar da estado da auga, alertáronnos de que leva días que non está no posto”