O PP LEVA A PLENO O CONTRATO DA DEPURADORA CUXA LICITACIÓN QUEDOU DESERTA

  • Os populares queren coñecer o estado do expediente, os motivos polos que ninguén ofertou e solicitar ao Goberno Central un maior investimento para que poida volver licitarse no menor prazo posible.  

Ponteareas, 28 de xuño de 2022.- O Grupo Municipal de o PP levará a debate a nova EDAR da Moscadeira ao pleno do xoves. A intención dos populares é coñecer o estado actual do expediente, despois de que ACUAES publicase os datos da licitación, que quedou deserta.

Por outra banda, desde o PP, queren coñecer os motivos reais polos que ningunha empresa ofertou. Barállase a posibilidade de que o investimento destinado polo Ministerio de Transición Ecolóxica sexa insuficiente, polo que os populares solicitan ao pleno que, en caso de ser así, amplíese a cantidade destinada a esta infraestrutura e vólvase a sacar a licitación.

 “Descoñecemos se teñen que abrir de novo o expediente ou poden volver licitar co xa existente. O que está claro é que isto supón un atraso máis na construción desta infraestrutura que xa se viu afectada polo novo convenio aceptado polo novo convenio aceptado polo bipartito (BNG-PSOE) que asinou onde consente como data de posta en marcha desta ampliación da EDAR o ano 2025”.