O PP SOLICITA AO BIPARTITO QUE, ANTES DE LICITAR O CONTRATO DA AUGA, ESTUDEN A MELLOR OPCIÓN ENTRE MANTER PRIVATIZADO O SERVIZO OU MUNICIPALIZALO COMO SOLICITARON BNG E PSOE TODOS ESTES ANOS

  • Os populares solicitaron en varias ocasións a realización dun estudo económico que analice que fórmula é mellor para a xestión da auga: privatización ou municipalización.
  • “Que casualidade que toda a vida defenderon a municipalización da auga, acusaron os Gobernos anteriores de que tiñan un servizo “ilegal” e agora que lles toca a eles renovar o contrato e poderían cumprir coa súa palabra, nin sequera estúdano!”.  

Ponteareas, 23 de xuño de 2022.- O Grupo Municipal de o PP solicitará ao Pleno, unha vez máis, que se realice un estudo económico financeiro en relación á prestación do servizo de abastecemento da auga e depuración de augas residuais no Concello de Ponteareas.  

Os populares queren que BNG-PSOE, que sempre defenderon a municipalización do servizo e motivo polo que protagonizaron grandes protestas contra Gobernos anteriores,  estuden que fórmula é máis rendible e factible para o Concello de Ponteareas e para os intereses dos veciños.  

 “Non se pode estar 15 anos falando da municipalización da auga e cando toca renovar o contrato facer o contrario. Polo menos que o estuden ou que nos expliquen porqué agora si se privatiza o servizo, como sempre defendeu o PP, e non se municipaliza como esixían en 2015 e todos os anos anteriores cando aínda non eran Goberno. A que se debe este cambio de criterio se tiñan tan claro que a municipalización do servizo era o mellor para o noso municipio?”, pregúntanse desde o PP.