O PP SOLICITA LOCALIZACIÓNS MUNICIPAIS PARA AS ASOCIACIÓNS ÁS QUE O CONCELLO SITUOU NA ESTACIÓN DE AUTOBUSES E AGORA DEIXA NA ESTACADA

  • Os populares consideran inadmisible que agora que o Bipartito decidiu desentenderse da xestión da Estación de Autobuses, non recolocasen previamente ás asociacións coas que tiñan compromisos.  
  • “É coma se un vende unha casa e non avisa aos inquilinos que estaban alí de alugueiro de que hai un novo xestor do inmoble. A actitude do bipartito non é normal, o compromiso adquirírono eles e o mínimo é que lles ofrezan unha solución”  
  • No proxecto de reforma da Estación, que bipartito e Xunta pactaron, xa non se contemplaba ningún local para asociacións como Ponte Solidario, polo que entendemos que estaban a lles buscar outra localización.  

 Ponteareas, 30 de maio de 2022.- O Grupo Municipal do PP vai solicitar ao pleno que se busque unha localización municipal, a poder ser definitiva, para a asociación Ponche Solidario, xa que a tarefa social que fan no pobo é moi necesaria e consideran que non se lles pode deixar sen espazo para a súa actividade.

“Parécenos lamentable que o bipartito non ofreza unha solución ás asociacións coas que tiña acordos de ocupar a Estación de Autobuses, que agora, pola débeda actual do Concello, tiveron que ceder na súa totalidade a xestión á Xunta de Galicia”, explican os popuote>

Os populares lembran que xa no proxecto de reforma da estación, que Xunta e Concello de Ponteareas pactaron, non se contemplaba un espazo, como o actual, para asociacións como Ponte Solidario e descoñecen se é porque pretendían deixalos sen local ou porque pensaran noutra localización. “Non sabemos se xa hai tempo que querían botalos desa localización ou foi un descoido á hora de elaborar o proxecto. O certo é que o plano co que o bipartito estaba de acordo non contemplaba un espazo acorde ás necesidades de asociacións como Ponte Solidario.

Por todo iso, desde o PP imos solicitar ao pleno que non se deixe tiradas a estas asociacións, que se busque unha localización municipal definitiva e que se produza diálogo entre o Goberno local e as persoas que viñan ocupando estas salas que agora vai xestionar na súa totalidade a Xunta de Galicia”.